Buscando información para dar resposta ao alumnado que presenta Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade(TDAH) atopámonos con un libro realmente práctico e de fácil lectura, que resolve moitas dúbidas e ofrece pautas realmente prácticas e interesantes. Está publicado pola fundación ADANA
Tamén queremos recomendar unha páxina moi interesante http://www.trastornohiperactividad.com/
xa que nela atopamos autra guía para pais e educadores e ademáis poderedes atopar información fiable de todo tipo, preguntas frecuentes, e un montón de recursos interesantes,entre eles un planificador de semana para os rapaces, un test de autoavaliación, contos....
Aquí vos deixamos o máis destacado desta páxina: enlaces directos aos recursos máis prácticos e bonitos que atopamos. Esperamos vos sexan de axuda.
Guía para pais e educadores
Clicando na imaxe accederedes a esta completa guía
Pautas orientativas para pais e pautas orientativas para alumnos.
Clicando na imaxe accedemos directamente ao pequeno cuaderno con pautas cara a familia e o propio alumno
Planificador persoal para o alumno
Clicando na imaxe accedemos a unha axenda/planificador que te axuda a organizar as tarefas, momentos de ocio, ....
Test de autodiagnóstico
Clicando na imaxe accedemos a un test no que iremos contestando unha serie de preguntas para darnos unha idea aproximada deseestamos ante un caso TDAH ou non. Como primeira aproximación, SEMPRE precisamos dunha valoración médica.
Preciosos contos sobre o TDAH
Clicando na imaxe accedemos ao enlace que nos dará a opción de velos como audiolibros moi ben narrados ou podemos baixalos en formato PDF para imprimir.
Este é o blog do Dpto. de Orientación do CEIP Quintela de Moaña. Nace coa idea de orientar e apoiar as familias e ao resto da comunidade educativa.
jueves, 28 de febrero de 2013
viernes, 22 de febrero de 2013
TICS na infancia
Moitos rapaces presentan ou poden presentar ao longo da súa infancia e adolescencia, algunha clase de tic que como pais ou titores pódennos preocupar. Neste artigo falan dos tics na infancia, da súa relevancia, da súa persistencia, cando preocuparse e cando non. Clicando na imaxeaccederedesao documento.
miércoles, 20 de febrero de 2013
Pautas para aprender a respirar e relaxarse
Neste artigo de "presa - escuela" atopamos unha guía para aprender a relaxarse e a respirar dunha forma máis eficiente e saudable. É un artigo moi interesante xa que nos amosa dunha forma sinxela e esquemática a técnica de relaxación progresiva de Jacobson e unhas pautas de respiración que serán moi útiles tanto na aula de AL como nas sesións de estimulación da linguaxe en educación infantil. Espero que vos resulte interesante. Clicade na imaxe para acceder ó documento.
miércoles, 13 de febrero de 2013
Problemas asociados ao asma. Cando o aire non chega
Atopamos un artigo de prensa-escuela con información e indicacións sobre o asma. Deixámolo a vosa disposición para quen lle poda interesar. Clicade na imaxe para abrir o documento.
Etiquetas:
artigos,
pais,
respiración
martes, 5 de febrero de 2013
Uns consellos para estudar (3º ciclo de E.P.)
ESTUDO EFICAZ
Para que se dea un estudo eficaz por parte dos nosos fillos
debemos ter en conta unhas sinxelas normas a facer cumprir e fomentar:
·
HORARIO ESTABLE: sempre a mesma hora,
preferiblemente á volta do colexio e seguindo esta PAUTA:
1º Descanso: media hora
2º Estudo: comezar e rematar a tarefa
3º Xogo.
·
LUGAR DE ESTUDO: é convinte que sexa un
lugar estable, organizado e sen distractores.
·
ACTIVIDADES DIARIAS:
1º Revisar a AXENDA
(tarefa na que participarán os pais)
2º Facer as TAREFAS
indicadas na axenda
3º Revisar HORARIO,
cadernos, libros...para detectar traballo atrasado.
4º Unha vez rematado, preparar a MOCHILA para o día seguinte.
·
NORMAS EN RELACIÓN ÁS
TAREFAS
1º As tarefas son un DEBER do alumno e non debemos de permitir que as cuestionen.
2º Non se debe de pedir “por favor” que as realicen ,
nin ofrecer premios por facelas, nin usalas como castigo.
3º Debemos de indicar a súa realización de forma
tranquila pero FIRME recordando o posterior momento de xogo unha vez rematada a
tarefa.
·
AXUDA DOS PAIS
Xa estamos en TERCEIRO CICLO de primaria así que
pouco a pouco debemos ir entregando a responsabilidade
aos nenos . En todo caso as tarefas téñennas que realizar os nenos e os
pais, unicamente, actuarán de guía. O neno sentarase e realizará as tarefas só,
pedindo axuda só cando non entende a materia.
Aínda así os pais estarán
sempre atentos ás notas, á axenda, ao comportamento...
·
ACTIVIDADES ELEMENTAIS PARA
O ESTUDO
Ä
MEMORIZAR
Ä
COMPRENSIÓN LECTORA
Ä
SUBLIÑAR
Ä
RESUMOS
Ä
ESQUEMAS e REPASO
·
TÉCNICAS DE ESTUDO
1º LECTURA
RÁPIDA:
para obter unha visión xeral do contido a traballar ou estudar.
2º LECTURA
COMPRENSIVA.
3º SUBLIÑADO: despois da lectura rápida
, ler detidamente cada párrafo e separar a INFORMACIÓN
IMPORTANTE.
4º RESUMO: Escribir con PALABRAS PROPIAS a materia a estudar usando o material
subliñado.
5º ESQUEMAS E
REPASO: Os
esquemas serán mapas de conceptos , é dicir, recollerán as PALABRAS IMPORTANTES e se é preciso unha pequena explicación.
Despois LERASE
o traballo realizado en VOZ ALTA e preferiblemente camiñando xa que isto axuda
ao funcionamento cerebral.
Haberá que MEMORIZAR o traballo feito intentando
explicalo con PALABRAS PROPIAS ou usando técnicas como a REPETICIÓN (oral ou
escrita).
·
MOTIVACIÓN e ACTITUDE ANTE O
ESTUDO.
Para que todas estas
técnicas nos axuden a obter resultados, os nosos fillos teñen que estar
motivados ante o estudo. Para iso, temos que reforzalos positivamente ante o
traballo escolar e alabar os seus logros pero moito máis, os seus esforzos e
ganas de superarse. Facelos conscientes da SATISFACCIÓN que por si mesma
produce a aprendizaxe, que aínda que se equivoquen moitas veces de aí tamén
obterán coñecementos (APRENDIZAXE POR ERRO), e tan importante saber asumir o
éxito como o fracaso. Fracasar forma parte da vida e a superprotección
levaranos a frustración.
Os nosos fillos se fan
maiores e como pais responsables debemos DEIXÁLOS MEDRAR.
Actividade de lectura rápida para dislexia
Actividade de lectura rápida e recoñecemento visual de palabras moi práctico para traballar con alumnado con dislexia.
Etiquetas:
AL,
conciencia semántica,
dislexia
lunes, 4 de febrero de 2013
Xogos de discriminación auditiva que nos encantan
Aquí vos deixamos tres xogos de discriminación auditiva de diferentes niveis. Son prácticos e divertidos. Facendo clic nas imaxes xa podedes traballar con eles.
Este último é un xogo máis avanzado para a discriminación de fonemas e sinfóns:
Este último é un xogo máis avanzado para a discriminación de fonemas e sinfóns:
Etiquetas:
AL,
discriminación auditiva,
Estimulación da linguaxe,
infantil,
xogos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)