lunes, 30 de abril de 2012

LECTURA INTERACTIVA

 Recollo esta publicación as vexo con moitas posibilidades a desenvolver na aula, así como lúdicas para os/as alumnas.
ORIENTACIÓN: AS FICHAS DE LECTURA AGORA DE MANEIRA INTERACTIVA: de  Orientación los Pedroches.

Deficit de Atención e Hiperactividade Na Casa

Paréceme un artigo moi interesante polo modo de redactar de forma clara e sinxela os aspectos para mellorar a convivencia na casa cando uns pais  teñen un fillo-a con TDHA .

http://psicopedagogias.blogspot.com.es/2011/12/tdah-en-casa.html?spref=bl

sábado, 14 de abril de 2012

Recursos Sobre Técnicas de Estudio

Fálase nesta páxina "Recursos en INTERNET sobre Métodos e Técnicas de Estudio" dos bos hábitos que debe incorporar a rutina diaria o alumno/a. Hábitos Alimenticios básicos para un desenvolvemento persoal positivo, Hábitos de sono un aspecto que é de traballo constante dende a educación infantil cos pais e  na primaria tamén cos alumnos, distribucción do tempo para o estudio das distintas materias ...
A información é completa, eu destacaría o enlace a "aprender a estudiar" con unha moi boa presentación, atractiva é motivadora para traballar cos alumos na aula.
A distribucción das tarefas que se leva para casa, os bos hábitos de estudio cara un exame, teñen que traballarse na aula para unha adquisición a través da práctica saber subliñar, facer esquemas, ler enunciados son exemplos.

miércoles, 11 de abril de 2012

Importancia das TICS na Educación

Neste comentario destaco a información recollida na páxina "Orientación TIC" , onde temos moitos artigos e recursos educativos, ferramentas Web 2.0  e distintos enlaces moi ben clasificados como: cultura-dixital, TIC e educación, código TIC, TIC&TAC .  Ten tamén un enlace co diario observatorio TIC e educación, para estar ao dia nestes temas.
A través destes enlaces colocados a pé de cada artigo, podemos ampliar  máis no tema que nos interese, están ben organizados, e son fáciles de localizar pola presentación dinámica que ten toda a información en xeral.

Os Blogs é a súa Potencial Utilidade para os Membros da Comunidade Educativa


Para facer este artigo tomarei como referencia dous dos blogs que teño na lista, que estou a facer neste inicio de percorrido polo mundo da web 2.0.
Escollín a modo de exemplo, un blog de "psicología y  pedagogía" parece importante ter como consulta, apoio para o desenvolvemento profesional un blog sobre a materia, fundamentos teóricos  que manexamos na labor diaria da orientación. 
Moitos dos artigos que comparte ou desenvolve este blog, teñen aplicacións directas para as posibles metodoloxías a desenvolver polos mestres para personalizar na aula según de que alumno esteamos a falar. É para pais interesados en ampliar información sobre a educación dos seus fillos.
O segundo " blog orientapeques " é moi práctico para a aula, con moitos recursos para atender a diversidade nas aulas e recolle reflexións sobre  as necesidades educativas,  feitas polos mestres no día a día. Neste blog hai vídeos, actividades  para o alumnado e traballar distintos temas como a educación en valores, etc. ; Ten tamén artigos, vídeos para compartir información cos pais.