miércoles, 28 de marzo de 2012

Resumo e Comentario do documento de Mª Carmen Delgado


                          O  BLOG  ORIENTACIÓN
                                              Autoría: Mª Carmen Delgado Lendíne 




Neste artigo a autora sinala, a importancia das TICs no mundo da educación hoxe en día. Os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen para chegar de maneira máis eficaz ao alumnado e as súas familias. 
A través do blog pretende incorporar as TICs a labor orientadora, no análise das competencias a desenvolver fala de:

  • habilidades para buscar e obter información.
  • habilidades para transformar a información en coñecemento.
  • habilidades para comunicar a información.
os obxectivos do blog:


  1. Proporcionar ferramentas e información relevante para a toma decisións vocacionais, unha das ventaxas do blog é poder solventar dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista. Outra ventaxa é a actualización constante da información.
  2. Recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. É de utilidade sobre todo se se utliza a subscripción a través das cales podemos recibir as novidades do blog, ben a través de notificacións ao correo electrónico ou mediante as fontes RSS, co conseguinte aforro de navegación.
  3. Pretende proporcionar aos titores, ao profesorado en xeral materiais para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, materiais sobre as probas de diagnóstico, educación en valores, convivencia. Recurso moi valioso por exemplo son as conferencias en vídeo.
  4. Obxectivo que foise impoñendo pola demanda dos usuarios é facer máis accesible a información acerca de as posibilidades que ofrece o nosos sistema educativo.
Con respecto a información que nos dá en este blog, paréceme amplia articulada é moi ben organizada sobre todo para os principiantes no tema dos blogs, de moita utilidade en xeral para toda a comunidade educativa.
A valoración que fai da falta de tempo, diversidade e amplitude de contidos dentro do mundo da orientación estou toalmente dacordo.
Salientar que o último comentario sobre a necesidade de fomentar o traballo colaborativo creo que é unha reflexión moi importante. 
Penso que é un paso máis avanzado, cando xa ti tes o blog estruturado e dinámico pero un paso importante é moi enriquecedor non só para os recursos materiais, senón é fundamentalmente para o apoio interpersoal nun frente común como é a abordaxe de tantos eidos que abarca o departamento da orientación dun centro. 




martes, 27 de marzo de 2012

Resumo e comentario sobre documento Daniel Veiga

O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
                                                               Daniel Veiga Martínez
O autor sinala que un blog é unha modalidade de páxina web que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a sindicación de contidos(rss)
no ámbito educativo as vantaxes xerais do uso dos blogs son variadas:
  1. sistema rápido, sinxelo e sen coste para publicar no internet.
  2. a posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade 
  3. un sistema de almacenamento e organización da información.
no que se refire as aportacións pedagóxicas:

  • posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
  • aporta motivación para as ensinanzas da lectura e escritura. Permite a formación audiovisual.
  • o alumno é o protagonista do seu blog, é a publicación inmediata reforza a sensación de éxito.
  • axuda na creación de redes virtuais de aula.
  • iniciamos ao alumno nas actividades específicas para organizar, compartir e traballar coa información.
  • o blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas (caderno virtual).
Con respecto as aportacións pedagóxicas que sinala o autor, penso que é interesante resaltar a do alumno como creador, protagonista o que favorece a motivación cara o aprendizaxe e tamén o aspecto colaborativo que ten o blog, é importante, dende o punto de vista do tratamento da información como no desenvolvemento na toma de decisións, elaboración de xuízos críticos, opinións contrastadas tan necesarias na sociedade actual onde a selección da información é fundamental.
Continua Daniel Veiga, definido que o blog pode ser un espazo de aprendizaxe. O blog como unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.
1- planificar, crear e manter un blog con blogia, a súa característica principal é a simplicidade.
2-configurar conta como usuarios avanzados. Darnos de alta no buscador de google e na páxina aulablog.
3-crear temas - é preciso planificar con con criterios pedagóxicos, as finalidades e funcións do noso blog.
De maneira habitual, a nosa tarefa vai ser publicar artigos con ligazóns e/ou imáxes.
 A experiencia  dinos que non lles resulta complicado a realización das tarefas anteditas.
 Unha razón máis para empregar os blogs nos centros educativos.
Temos sistemas de creación de blogs en galego www.blogoteca.com e www.blogaliza.org . un dos servizos máis interesantes da chamada web 2.0 é sen dúbida BLOGLINES, a posibilidade de informarnos de maneira automática.
con un valor pedagóxico importante dá unha relación de aplicacións interesantes no noso traballo de orientador :
 subcribirse a apcala - para saber utilizar as súas presentacións interesantes.
www.blinklist.com - para ter as miñas webs favoritas organizadas.
www.irows.com/xo/welcome.do- para follas de cálculo e gráficas.
www.interrogantes.com- para enquisas sinxelas. etc.
Outra reflexión pedagóxica importante é a da conveniencia  do que uso dos blogs tivera un espazo curricular e non só se identificara de maneira exclusiva coas tarefas de información académica e profesional




domingo, 25 de marzo de 2012

  A NECESIDADE DE CREAR UN BLOG PROFESIONAL : 8 motivos para crear o teu blog

No documento www.totemguard.com./aulatotem/8 motivos para crear tu blog. dá unhas razóns polas que ve o autor a necesidade por parte dos docentes para ter un blog educativo.
os motivos que sinala son:
  1. Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento - xa que un blog é esencialmente un diario, permitindo valorar no tempo o traballo desenvolvido polo autor deste.
  2. Progresar nas competencias TIC - non se pode ignorar este tipo de tecnoloxías se se desexa participar e entender a evolución actual no campo educativo.
  3. Comunicar con outros profesionales da educación - iníciase un diálogo, reflexivo e crítico que axuda a mellorar.
  4. Conectar con alumnos e/ou pais - o blog  é proveitoso para crear un lugar de diálogo e conectar con os alumnos fora do horario lectivo. É moi motivador especialmente para os alumnos que non participan na clase. os pais tamén coñecen mellor ao orientador.
  5. Mellor presentación oral e escrita - mellora a forma de explicar calquer concepto aos alumnos, docentes o para para que poidan entendelo claramente. 
  6. Desenvolver o teu lado creativo - se escribes no blog con frecuencia descubres que has de buscar maneiras creativas de articular ideas ou mensaxes.
  7. Expandir oportunidades profesionais - cando publicas creas unha pegada dixital. Se desexas dar a coñecerte profesionalmente e contribuir ao diálogo educativo do momento o blog é de grande utilidade.
  8. Cambiar a imaxe pública do docente.
Considero que as razóns ou motivos que da o autor están ben definidos é son claros sobre as posibilidades que brinda tanto a nivel persoal, cando fala do desenvolvemento do lado creativo, da expansión de oportunidaes profesionais; como do desenvolvemento profesional para un orientador/a.
Analizando dende clave orientadora, todos estes motivos son aproveitables e moi válidos para mellorar no traballo diario. Por outra banda é certo que afacerse a empregalo con certa regularidade, analizar o tempo que leva o elaborar presentacións, artigos etc. se en principio non debe ser un impedimento para descartar este recurso; se hai que telo en conta é prever cando un ponse mans a obra no desenvolvemento do teu blog. Penso que tanto a planificación, organización como constancia para conseguires pouco a pouco sentirse cómodo/a no manexo dun blog, son aspectos fundamentais.    
Verse reflexar o que ti fas, o plantexamento do traballo do departamento nas públicacións, artigos, ... é un obxectivo que debería compensar o traballo que conleva ter o blog.