miércoles, 17 de octubre de 2012

O déficit de atención con hiperactividade: Un terremoto na casa.

Outro artigo de prensa escola con información práctica, esta vez do Déficit de atención con hiperactividade. Espero que sexa do voso interese.


lunes, 1 de octubre de 2012

Como deixar a chupeta en 15 días

O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.

Blogs de interese:






Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"



Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.

Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.