miércoles, 11 de abril de 2012

Os Blogs é a súa Potencial Utilidade para os Membros da Comunidade Educativa


Para facer este artigo tomarei como referencia dous dos blogs que teño na lista, que estou a facer neste inicio de percorrido polo mundo da web 2.0.
Escollín a modo de exemplo, un blog de "psicología y  pedagogía" parece importante ter como consulta, apoio para o desenvolvemento profesional un blog sobre a materia, fundamentos teóricos  que manexamos na labor diaria da orientación. 
Moitos dos artigos que comparte ou desenvolve este blog, teñen aplicacións directas para as posibles metodoloxías a desenvolver polos mestres para personalizar na aula según de que alumno esteamos a falar. É para pais interesados en ampliar información sobre a educación dos seus fillos.
O segundo " blog orientapeques " é moi práctico para a aula, con moitos recursos para atender a diversidade nas aulas e recolle reflexións sobre  as necesidades educativas,  feitas polos mestres no día a día. Neste blog hai vídeos, actividades  para o alumnado e traballar distintos temas como a educación en valores, etc. ; Ten tamén artigos, vídeos para compartir información cos pais.


No hay comentarios: